Quen somos
CONSTRUÍNDO
NOVAS REALIDADES
ÁGORA ABERTA está formada por un grupo de persoas que comparte a idea de que para cambiar a realidade é preciso xerar ideas e participar de forma activa na sociedade. Así, deseñamos e poñemos en marcha actividades para promover a participación en tres dimensións: persoal, local e global. Sentir que nos escoitan e facer propostas sobre o que nos afecta, fomenta o desenvolvemento da autonomía persoal e a responsabilidade persoal e comunitaria, reforzando o sentimento de pertenza á comunidade.
ágora aberta
De orixe grega, tiña o significado de “lugar de asemblea ou reunión”. Neste sentido, facía ás veces das prazas públicas actuais. Alí a cidadanía acudía para debater e discutir os diversos temas que afectaban á súa vida cotiá. Desde esta perspectiva nace o nome de Ágora Aberta, unha asemblea pública para discutir sobre a comunidade.
Dinámica
Adaptabilidade e personalización de cada un dos proxectos contando con todos os axentes implicados.
Emprendedora
Establecendo novos retos, metodoloxías e paradigmas que se adecúen ás necesidades en cada momento.
Creativa
Estimulando os talentos, o traballo colaborativo e a creación conxunta a través de grupos multidisciplinares.
Achegamos coñecemento, experiencia e rigor, baseado nun equipo multidisciplinar cunha ampla formación e experiencia no desenvolvemento de programas diferenciados que xiran en torno á educación e o ocio nas súas múltiples manifestacións.
Coñecemento
Adaptar cada proxecto tendo en conta todos os factores que interveñen grazas ao coñecemento do sector.
Experiencia
Máis de quince anos desenvolvendo e executando programas de dinamización con diferentes públicos.
Rigor
Coherencia e sentido común en cada produto tendo claro os obxectivos do proxecto e os intereses da clientela.
Emprender e volver a emprender é o que nos aporta desde o ano 2004 unha gran formación e experiencia en accións de dinamización, socialización, desenvolvemento comunitario, prevención, integración, accións lúdicas etc. orientadas a diferentes colectivos.
Os nosos obxectivos
- Promover o cambio social a través do fomento da participación a nivel persoal, local e global.
- Traballar para desenvolver as potencialidades individuais.
- Desenvolver valores fundamentais de convivencia e coeducación en todas as nosas accións.
- Potenciar a participación de xeito activo e implicación das persoas participantes nas actividades, outorgándolles protagonismo.
- Fomentar a creatividade e a expresión nas súas diferentes vertentes.
- Desenvolver un sistema de formación dinámico e flexible.
- Potenciar as capacidades emprendedoras dos nosos colectivos e o do noso persoal.
- Desenvolver accións de sensibilización e comunicación.
- Fomentar a participación do persoal no sistema de xestión de calidade.
- Cumprir cos requisitos legais e esixidos pola clientela.
- Incrementar e consolidar os nosos servizos nun entorno de mellora continua.
- Consolidar o noso compromiso coa sociedade