Os nosos servizos
PROGRAMAS DE DINAMIZACIÓN E INTERVENCIÓN SOCIOCOMUNITARIA E SOCIOCULTURAL
Deseñamos e poñemos en marcha intervencións comunitarias e socioculturais para promover a participación a nivel persoal e local traballando xunto coas persoas e buscando a reflexión crítica e as súas suxestións para transformar o que lles preocupa en oportunidades.
PROGRAMAS DE INTERVENCIÓN PSICOSOCIAL E SOCIOEDUCATIVA
Levamos a cabo programas de intervención socioeducativa e de desenvolvemento persoal e social a través de proxectos e accións concretas, tanto para infancia e mocidade como para persoas adultas e terceira idade desde unha perspectiva integral, creativa e personalizada.
PROMOCIÓN DA LINGUA
Co obxectivo de garantir a defensa e promoción da nosa lingua, desenvolvemos e planificamos programas de intervención lingüística para diferentes públicos e entidades, asegurando a transmisión xeracional da lingua e cultura propias.
FORMACIÓN
Realizamos talleres e formación en áreas relacionadas coa educación non formal e a intervención pedagóxica dirixida tanto a profesionais de diferentes sectores como a colectivos sociais: mulleres, adolescentes, terceira idade, familias etc.
ELABORACIÓN DE MATERIAL DIDÁCTICO
Deseñamos material didáctico e recursos a medida para accións formativas, talleres, dinámicas de prevención…
DESEÑO DE PROXECTOS A MEDIDA
Colaboramos contigo para facer realidade a túa idea. Acompañámoste desde a fase da avaliación de viabilidade do proxecto ata a posta en marcha, pasando polo deseño e presentación e avaliación do mesmo, poñemos á túa disposición unha ampla experiencia e recursos para acadar os teus obxectivos.
INVESTIGACIÓN SOCIAL E EDUCATIVA
Apostamos pola reflexión sobre a práctica, isto é, a investigación social e educativa. A través da nosa intervención en diferentes ámbitos sociais e educativos, investigamos sobre temas susceptibles e interese a colectivos concretos. A perspectiva pode ser variada: educación non formal, reflexión sobre a praxe educativa, xénero, lingua…